"Grazas por elixir Galicia" é unha iniciativa da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur) en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) destinada a potenciar a oferta de turismo rural nun contexto de reapertura dos establecementos despois da crise sanitaria vivida recentemente. Para alcanzar este obxectivo, formúlanse dúas liñas de actuación:

  • Descobre os xeodestinos de Galicia”, proponse para estancias mínimas de dúas noites. Neste caso, tanto para reservas individuais, de parellas ou familias, os clientes poderán recibir un AGASALLO con actividades, que realizarán guías de turismo ou empresas de turismo activo.
  • Segredos das Vilas de Galicia” estará destinado a aquelas reservas individuais, de parellas ou familias, que, pernoitando máis dunha noite en calquera establecemento de turismo rural de Galicia, poderán recibir un AGASALLO para facer unha visita guiada nunha das cidades onde se localice o establecemento, sempre dentro da mesma provincia.

Asignarase un AGASALLO de uso individual por cada cliente.

Ir arriba