"Grazas por elixir Galicia" é unha iniciativa da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur) en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) destinada a potenciar a oferta de turismo rural nun contexto de reapertura dos establecementos despois da crise sanitaria vivida recentemente. Para o seu desenvolvemento contarase coa participación de Guías Turísticos acreditados ou Empresas de Turismo Activo.

Fases do Programa:

  • Fase 1 (xullo – agosto): poderán participar nesta fase calquera establecemento de turismo rural de Galicia rexistrado no REAT, que disporán de 8 AGASALLOS: 4 Agasallos “Descobre os xeodestinos de Galicia” e 4 Agasallos “Segredos das Vilas de Galicia”. No caso de non ser empregado neste período os Agasllos, daranse de baixa para polos a disposición da Fase 2.
  •  Fase 2 (setembro-outubro): poderán participar nesta fase aqueles establecementos que tiveran participado activamente na Fase 1, redistribuíndose entre eles os Agasallos non empregados na Fase 1 ata que se agoten. 

Liñas de actuación:

  • Descobre os xeodestinos de Galicia”, proponse para estancias mínimas de dúas noites. Neste caso, tanto para reservas individuais, de parellas ou familias, os clientes poderán recibir un AGASALLO con actividades, que realizarán guías de turismo ou empresas de turismo activo.
  •  “Segredos das Vilas de Galicia” estará destinado a aquelas reservas individuais, de parellas ou familias, que, pernoitando máis dunha noite en calquera establecemento de turismo rural de Galicia, poderán recibir un AGASALLO para facer unha visita guiada nunha das cidades onde se localice o establecemento, sempre dentro da mesma provincia.

Asignarase un AGASALLO de uso individual por cada cliente.

Beneficiario/a do Agasallo e outros participantes nas actividades:

  •  O beneficiario/a do Agasalloserá un dos clientes que realicen a reserva no establecemento de aloxamento rural que o entrega e cubra os seus datos nesta aplicación en tempo e forma. O beneficiario/anon terá que pagar a actividade por ser cuberto o seu custo por Agatur grazas ao acordo coa Axencia de Turismo de Galicia. 
  •  Os/as menores de 12 ou menos anos participarán na actividade de balde. Teñen que computarse na reserva dado que consumen prazas na actividade.

 Ante calquera dúbida poderase contactar coa asistencia técnica deste servizo.

Dinámica dos QR e proceso de reserva pola web.

Como se trata de Agasallos entregados polos establecementos de aloxamento rural de Galicia, poderase navegar polos produtos ofertados a partir dun código QR personalizado para cada un deles. Os códigos QR poderán ser impresos en adhesivos, carteis tamaño folio ou enviarse por correo electrónico. 

O usuario enfocará o código e será dirixido á web https://www.grazasporelixirgalicia.com. Dependendo da cantidade de produto, poderase organizar unha navegación por categoría, ou mesmo por localización xeográfica sobre o mapa. 

Cada produto terá a súa ficha explicativa, cunha breve descrición, fotos, características e dispoñibilidade. O usuario poderá elixir o día da súa conveniencia sobre a oferta realizada, especificar cantidade de asistentes, e reservar en tempo real a súa praza. Sempre coa “traba” dun release mínimo de 24 horas. 

Pediránselle datos persoais mínimos, como correo, nome e apelidos, para poder contactar en caso de cambios ou aclaracións do servizo. 

Cada reserva ou modificación conta cun completo sistema de notificacións, tanto ao cliente final, como ao provedor e ao administrador da central de reservas. No caso do cliente final, enviaráselle un localizador por correo electrónico que será o seu comprobante para gozar o servizo elixido.

 

Ir arriba